CRTVG

Buscar

Interior recorrerá contra a sentenza que anula o despedimento de Pérez de los Cobos

Publicado o 01/04/2021 15:12

O Ministerio do Interior vai recorrer a sentenza que da por nulo o cesamento do coronel Pérez de los Cobos, por parte do Ministro do Interior. O xuíz da Audiencia Nacional considera que esa destitución foi ilegal.

Segundo o maxistrado, tomouse como represalia contra o xefe da Comandancia da Garda Civil en Madrid por negarse a informar ao ministro Grande Marlaska do resultado das pesquisas sobre a suposta relación entre as marchas do 8-M e os contaxios na pandemia; unhas investigacións que eran segredas por orde xudicial.

A Audiencia tamén ordena que devolvan ao coronel ao seu posto. Agora, algunhas fontes apuntan que o coronel Pérez de los Cobos podería acusar ao Ministro de prevaricación e de acoso. Os partidos da oposición esixen a súa dimisión inmediata.

Noticias web

01/04/2021