O Ministerio de Transición Ecolóxica convoca a Endesa a unha mesa para abordar a paralización da central das Pontes
Publicado o 10/09/2019 21:20

O Ministerio de Transición Ecolóxica vai convocar a dirección de Endesa para poñer en marcha unha mesa de traballo en que se aborde o futuro da central térmica das Pontes, que leva máis de catro meses parada. Será a final deste mes, pero aínda non hai data.
É o resultado da reunión deste martes no ministerio con alcaldes dos concellos da comarca e cos voceiros dos transportistas do carbón, os principais afectados pola paralización da actividade.