CRTVG

Buscar

O Ministerio de Transición Ecolóxica contacta cos transportistas do carbón para buscar alternativas de futuro

Publicado o 03/10/2019 21:16

Traballadores das empresas auxiliares da central térmica de Endesa concentráronse a primeira hora da tarde nas proximidades da factoría. Manteñen así o calendario de protestas que viñan desenvolvendo ata o de agora á espera de que se atendan as súas demandas en defensa do mantemento do emprego. Na actualidade hai máis dunha ducia de empresas que desenvolven o seu labor na central térmica entre compañía de mantemento, limpeza, calidade ou laboratorio.

Os transportistas recibían a chamada do Ministerio de Transición Ecolóxica na tarde deste xoves. O obxectivo: poñer en marcha as primeiras medidas para paliar a súa situación tras máis de cinco meses sen traballar polo cese de actividade na central térmica de Endesa. Polo de agora manterán o peche no concello.

Na xuntanza do chamado comité de crise, que aglutina a representantes de todos os sectores implicados, tamén se decidiu manter a convocatoria de folga xeral nas Pontes para o día 16 e a manifestación a Madrid. Nesta mesa tamén estiveron presentes os empresarios.

Coas chemineas da central térmica sen actividade, As Pontes continúa agardando.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/10/2019