CRTVG

Buscar

Sobe a 14 días a corentena de positivos tras a alta hospitalaria

Publicado o 13/11/2020 16:47
Sobe a 14 días a corentena de positivos tras a alta hospitalaria

O Ministerio de Sanidade estableceu que unha persoa que estivo hospitalizada por coronavirus e que é dada de alta porque a súa situación clínica o permite, aínda que a súa PCR siga sendo positiva, ten que estar en illamento domiciliario un mínimo de catorce días, e non de dez coma ata o de agora, desde o inicio de síntomas.

Así consta na nova actualización da Estratexia de Detección precoz, Vixilancia e Control da covid-19, publicada polo Ministerio de Sanidade, na que aumenta ese período de illamento domiciliario en comparación co anterior documento que era do 25 de setembro e que requiría dez días de corentena desde o inicio de síntomas tras a alta hospitalaria. 

En concreto, o texto sinala que "os casos que requiriron ingreso hospitalario poderán recibir a alta hospitalaria se a súa situación clínica o permite  aínda que a súa PCR siga sendo positiva, pero deberase manter illamento domiciliario con monitoraxe da súa situación clínica polo menos 14 días desde o inicio de síntomas". A partir deses catorce días, e "sempre baixo criterio clínico, poderase finalizar o illamento se transcorreron tres días desde a resolución da febre e o cadro clínico".