CRTVG

Buscar

O Ministerio de Sanidade propón que os alumnos vacinados non fagan corentena

Publicado o 07/09/2021 16:33
O Ministerio de Sanidade propón que os alumnos vacinados non fagan corentena

É unha medida que xa aprobaron Madrid, Cataluña, Cantabria ou Castela e León, e que o Goberno quere estender a todas as comunidades, polo que se debate esta tarde na Comisión de Saúde Pública. Implica que os alumnos vacinados coa pauta completa non se vexan obrigados a gardar corentena aínda que tiveran un contacto estreito cun contaxiado de coronavirus.

Desa maneira evitaranse ausencias na docencia, e o peche de aulas cando se localicen positivos entre os grupos burbulla.
España afronta o inicio do curso coa quinta onda en descenso: hoxe rexistrouse a menor cifra de contaxios desde xuño. Outro dato significativo do día: superáronse os 85.000 falecidos oficiais desde o inicio da pandemia.



 

Noticias web

07/09/2021