CRTVG

Buscar

O Ministerio de Sanidade pausa o envío de vacinas ás comunidades autónomas

Publicado o 14/09/2021 12:49

Sanidade deixa de enviar vacinas ás comunidades autónomas para optimizar, din, o stock a nivel nacional. Esta pausa será temporal e os envíos retomaranse o 20 de setembro. Neste momento, as comunidades contan con algo máis de sete millóns de doses almacenadas.

O Ministerio de Sanidade apunta tamén que, pese a esta parada nos envíos, ofreceu as comunidades autónomas a posibilidade de solicitar doses en caso de que as necesiten.

Noticias web

14/09/2021