CRTVG

Buscar

O Ministerio de Sanidade implanta o cribado de cancro de cérvix

Publicado o 26/04/2019 15:00

O Consello de Ministros acordou a ampliación da carteira de servizos que ofrece o Sistema Nacional de Saúde. Entre as novidades, inclúe o cribado de cancro de cérvix para mulleres de 25 a 65 anos. Tamén contempla o financiamento de audiófonos e de lectores oculares para persoas con discapacidade motora.

A nova carteira entrará en vigor o 1 de xullo e as comunidades autónomas terán seis meses para aplicala. Suporá un investimento inicial de 5 millóns pero reportará un aforro de 20 millóns e medio pola prevención de enfermidades, segundo explicou a ministra de Sanidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/04/2019