Sanidade aproba a vacinación da selección española de fútbol antes da Eurocopa
Día sen sobresaltos na Selección. Mércores de PCRs negativas despois do segundo positivo coñecido case de madrugada do central Diego Llorente. Seguen adestrándose en dúas burbullas e ó continxente de reforzo, co galego Brais Méndez, uníronse varios xogadores da Sub21 e xa son dezasete.
Todos recibirán a vacuna Pfizer. O Ministerio de Sanidade tomou a decisión a cinco días do debut de España."Actuamos da maneira máis rápida posiblee co mesmo criterio ético que cos nosos olímpicos e olímpicas", confirmou a ministra Carolina Darias.
As comunidades autónomas non participaron na decisión aínda que houbo opinóns ó respecto."Non me parece que vaia ter moita efectividade. Debería terse feito con anterioridade e non de maneira improvisada.Non hai discriminación é unha cuestión de saúde pública dentro da Unión Europea.", dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
A Uefa non esixe a vacina para disputar a Eurocopa. Non así a Conmebol para Copa América, que empeza o domingo. É obrigatoria, facilitada pola propia organización e tamén atopou opinións contrarias, como a do seleccionador do Ecuador "Teño amigos mortos por non ter acceso á vacina. Non debería haber privilexios por unha cuestión de xeografía ou latitude. É unha pandemia mundial e a preocupación pola vacinación tamén ten que ser mundial", asegura Gustavo Alfaro, seleccionador do Ecuador.
Neste caso o fútbol visibiliza as distinas realidades da pandemia.