CRTVG

Buscar

O Ministerio de Industria xa ten as alegacións ao estatuto das electrointensivas propostas pola Xunta

Publicado o 20/02/2020 15:10

Goberno galego, sindicatos e empresas grandes consumidoras de enerxía consensuaron as alegacións ao estatuto electrointensivo elaborado polo Executivo central.

Demandan rebaixas fiscais e descontos ata o máximo permitido nas peaxes eléctricas, medidas que xa se aplican en Francia, Alemaña ou Suecia.

Aseguran que se non se teñen en conta estas alegacións estaría en risco a continuidade de empresas e postos de traballo.

A útima en advertilo foi Alu Ibérica, nova propietaria das fábricas que Alcoa tiña na Coruña e en Avilés. A empresa asegura que co prezo actual do megavatio periga a produción de aluminio primario e 168 empregos directos na nosa comunidade.

A Xunta lembra que só en Galicia hai uns 5.000 postos de traballo ameazados porque o borrador non garante un prezo competitivo da electricidade.

As alegacións presentadas pola Xunta foron pactadas cos gobernos asturiano e cántabro co obxectivo de facer un frente común que asegure a competitividade das empresas electrointensivas.

Noticias web

20/02/2020