CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Ministerio de Fomento licita o proxecto para rehabilitar o edificio da Real Academia Galega da Lingua

Publicado o 26/09/2017 15:33

O edificio que alberga a Real Academia Galega da Lingua e o Museo Emilia Pardo Bazán será rehabilitado, despois de que o Ministerio de Fomento dera o primeiro paso licitando un concurso de proxectos. Os últimos traballos de rehabilitación que se levaron a cabo no inmoble datan dos anos 70 e na actualidade está afectado por numerosas patoloxías construtivas.

As obras de rehabilitación do edificio que alberga o Museo Emilia Pardo Bazán e a Real Academia Galega da Lingua, na Coruña, é unha vella reivindicación de distintos presidentes da institución.

Fendas, humidades e fiestras en mal estado, son algunhas das deficiencias que ten o inmoble. Pero tamén presenta outros problemas estruturais que non se ven a simple vista: o peso que soporta polo gran número de libros e documentos que garda a Academia, é un dos principais.

O edificio da Real Academia Galega é un pazo brasonado do século XVIII e que foi propiedade de Emilia Pardo Bazán. Desde os anos 70 non se realizou nel ningunha obra de rehabilitación. O proxecto licitado agora polo Ministerio de Fomento está na súa primeira fase, polo que aínda non hai prazo para o comezo das obras, que teñen un orzamento de dous millóns de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí