CRTVG

Buscar

O Ministerio de Facenda comunícalle á Xunta que non pagará os 700 millóns que lle debe

Publicado o 16/09/2019 20:44

É un novo capítulo na confrontación co Goberno central polas entregas a conta. O conselleiro de Facenda desvelaba esta mesma mañá a resposta do Executivo de Pedro Sánchez ás continuas peticións da Administración autonómica para a devolución da débeda con Galicia. Foi a través dunha carta recibida esta fin de semana. 

E ante esta tesitura, o conselleiro de Facenda xa anunciou que os cartos se van seguir reclamando. É un asunto que non só preocupa a Galicia, á que se lle adebedan 700 millóns de euros, senón a todas as comunidades autónomas.

Hoxe mesmo, o presidente valenciano reuníase coa ministra Montero para abordar este asunto e propoñerlle alternativas para que o pagamento da débeda se faga efectivo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019