CRTVG

Buscar

Exteriores confirma que os españois das Bahamas están ben pero algúns perderon todo

Publicado o 07/09/2019 22:42

Prevese que entre esta noite e mañá o Dorian afecte as provincias marítimas do leste do Canadá, aínda que xa convertido en ciclón postropical. As autoridades avisaron da probabiblidade de que haxa riadas perigosas e puxeron en alerta a Nova Escocia e a Terranova.

Entrementres, nas Bahamas, onde deixou como mínimo 43 mortos, seguen á busca de desaparecidos, que se contarían por centos. Máis de 70.000 persoas perderon as súas casas e o seu medio de vida e moitos esperan aínda que os evacúen das zonas arrasadas.

Este mozo di que o perdeu todo pero que dá grazas por estar vivo, con tantos mortos e desaparecidos. Os familiares dos desaparecidos agardan novas.

Esta muller explica que non sabe nada de dous dos seus fillos. O Ministerio de Exteriores español confirmou que os españois nas Bahamas están ben aínda que algúns o perderon todo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/09/2019