O Ministerio de Cultura parou en Madrid a poxa dun posible Caravaggio
Publicado o 08/04/2021 21:42
O Ministerio de Cultura parou en Madrid a poxa dun cadro ao sospeitar que podería ser un Caravaggio. Declarou a obra inexportable e xa lle solicitou á Comunidade de Madrid que declare a obra Ben de Interese Cultural.
Trátase dun Ecce Homo do século XVII que tiña un prezo estimado de 1.500 euros. Di o ministro que decidiron actuar rápido para que non ocorrese coma nos anos 70, cando un cadro de Caravaggio acabou en Cleveland, e que agora conseguiron que esta obra non saia de España.