CRTVG

Buscar

O Ministerio de Sanidade lembra que a doazón de sangue é compatible coa vacinación

Publicado o 18/08/2021 16:02
O Ministerio de Sanidade lembra que a doazón de sangue é compatible coa vacinación

Sobre vacinas falou hoxe o Ministerio de Sanidade, para asegurar que as da covid son compatibles coa doazón de sangue. E é que as autoridades sanitarias advirten que están a baixar as reservas de sangue nos hospitais.

O Ministerio de Sanidade di que existen falsas teorías sobre a incompatibilidade das vacinas covid e a doazón de sangue. Para frealas, hoxe lanzou a mensaxe de que todas as persoas vacinadas cumpren as condicións para ser doadoras, sempre que se atopen ben de saúde. Ademais, fan un chamamento a facelo este verán, ante a baixada de reservas nos hospitais.

Noticias web

18/08/2021