CRTVG

Buscar

O Mindtech 2019,a primeira feira industrial de Galicia, quenta motores en Vigo

Publicado o 25/01/2019 20:08

A primeira feira industrial de Galicia quenta motores xa en Vigo cara á gran cita do mes de setembro. Trátase do Mindtech 2019, que está organizado pola Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia, e que terá carácter bianual. Hoxe celebraron o primeiro acto de promoción empresarial e internacional.

As tecnoloxías 4.0 serán o eixo da primeira Feira da Industria de Vigo, a Mindtech 2019 que se celebrará no Instituto Feiral do 10 ao 12 de setembro deste ano. Unha cita na que se exporá todo o relacionado co último nas tecnoloxías coa vocación de ser un referente internacional e coa intención de atraer empresas e investidores estranxeiros.

Mindtech terá periodicidade bienal, e está impulsado por ASIME, a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia que reúne mais de 600 empresas. Un sector cun pulo innegable na economía galega.

O sector industrial, e concretamente o metalúrxico, metalmecánico e as súas tecnoloxías asociadas representan mais do 21% do PIB de Galicia.

 

Noticias web

25/01/2019