CRTVG

Buscar

O Milladoiro e Vilagarcía estrean restricións e refórzanse en Ourense

Publicado o 24/09/2020 16:28

Case 38.000 veciños de Vilagarcia e os máis de 12.500 do Milladoiro, en Ames, viven xa con medidas especiais anticovid. Unhas limitacións recomendadas polo comité clínico para que o aumento de contaxios rexistrados nesas zonas non se estenda.

Pedro Rascado, coordinador das UCI de España: "Estamos nunha situación estable e temos que seguir coas medidas que se están tomando para manter a pandemia controlada"

O Milladoiro é un núcleo moi poboado, próximo a Compostela, outro dos dez concellos galegos con limitacións pola covid. Neles non se poden facer reunións de máis de 10 persoas e limítase ao 50% a acollida no comercio e na hostalería.

Pero as medidas maís restritivas de toda Galicia están no barrio ourensán do Couto, o máis poboado da cidade. As restricións ampliáronse a toda a súa contorna desde este xoves. Non se poden xuntar máis de cinco persoas en espazos públicos e privados e os bares só poden servir na terrazas. Algúns xa pecharon. "Estamos hoxe probando, pero é insostible, con 6 persoas ou 7 traballando que estamos". 


A rúa Progreso, unhas das arterias principais de Ourense, traza a liña de separación entre a zona vermella das restricións, e o resto da cidade, onde tamén hai limitacións, pero máis suaves.

Noticias web

24/09/2020