CRTVG

Buscar

O micromecenado permitiralle a Borja Sánchez chegar ao final de temporada

Publicado o 07/06/2018 15:39

E unha agradable noticia para o motociclismo galego. Borja Sánchez, podio en Le Mans e Doninton Park, chegará ao final de temporada do mundial de superbikes.

Unha campaña de crowfunding e a aportación dalgún pequeno patrocinador permitenlle a Borja Sánchez estar esta fin de semana na proba do mundial de superbikes da República checa e ver con máis optimismo o final da temporada.

As dificultades económicas contrastan co seu bo rendemento deportivo. Borja é ambicioso. 

Un obxectivo e catro escenarios para acadalo: República Checa, Portugal, Italia ou Francia.

Noticias web

07/06/2018