CRTVG

Buscar

O metro de Londres inclúe o aceite de oliva nunha campaña contra a comida lixo

Publicado o 14/01/2019 21:43

No metro de Londres hai unha campaña para reducir o consumo da chamada comida lixo, e nela inclúen algúns alimentos que conteñen aceite de oliva. Os produtores lembran que hai diferentes variedades de aceite e que, aínda contendo graxas, segue sendo un produto saudable e recomendado para dietas equilibradas. Especialmente aceites coma o de Quiroga, que non pasan por ningún proceso de refinado.

Das oliveiras á almazara e da almazara á botella. Ese é o proceso que se segue para elaborar o aceite de oliva de Quiroga, o que o converte nun produto natural e elaborado de xeito case artesanal. Por eso, os colleiteiros de Quiroga non entenden que no metro de Londres se califique de comida lixo ou rápida a aquela que conteña aceite de oliva. Recoñecen que hai moitos tipos de aceite en función de como e con que se elabore e que uns teñen menos calidade ca outros pero insisten en que é un alimento que se consume en pequenas doses e que as graxas e hidratos de carbono que contén son do máis saudable.

Na zona de Quiroga están a traballar co Consello Superior de Investigacións Científicas para recuperar e identificar as variedades de oliveira autóctonas da comarca e seguir a elaborar o aceite do xeito que se fixo sempre para garantir a diferenciación do produto. Un alimento que, aseguran, está moi lonxe da chamada comida rápida.






 

Noticias web

14/01/2019