O mestre galego Toni García, mellor profesor de primaria de España
Publicado o 23/02/2019 13:53
Chámase Toni García Arias e é de Cabanas, aínda que exerce en Murcia, e acaba de ser elixido pola Fundación Educa como o mellor mestre de primaria de toda España.
Foron os seus propios alumnos e compañeiros os que o elixiron por ser un innovador dentro e fóra das aulas. Publicou numerosos libros e artigos en que fala da adolescencia, do esforzo, da competitividade e tamén de intelixencia emocional.
Estes premios, coñecidos como os Goya da educación, enmárcanse dentro do congreso mundial que estes días se está a celebrar en Santiago e no que se fala de educación como o mellor motor para cambiar o futuro. A historia de Toni é a dun mal alumno convertido no mellor profesor.