O mes de xullo virá cheo de teatro en Ourense e en Ribadavia
A ceo aberto: liberdade, creatividade e diversidade. A Mostra Internacional de Ribadavia volverá ás prazas e escenarios da vila do 17 ao 27 de xullo con 24 eventos, todos ao aire libre.
Fai 36 anos con moitas estreas que a COVID-19 truncou. Haberá moitos espectáculos de rúa, con capacidade ao 50 por cento. Reixa vai estrear 'Melancoholemia'. Prográmanse grande éxitos como 'Rebota, rebota y en tu cara explota' ou 'Liberto e Fariña', dous acontecementos do último teatro galego. O Mit vai prestar unha especial atención á danza galega, un xénero maltratado malia o seu gran prestixio fóra do país, con espectáculos como 'Emigrantas' de Keira Martinez Acosta, 'Pink Unicorns' da Macana Teatro ou 'Leira' de Nova Galega de Danza.
A mostra ibérica de teatro universitario tamén está a traballar pola súa supervivencia, despois de 25 anos de vida loitando, din os organizadores, contra o virus da pandemia e o da ignorancia municipal. Esta mañá presentouse no Teatro Principal de Ourense. Normalmente celebrábase en abril pero a crise sanitaria trasladouno á primeira quincena de xullo. Por este ano, o Miteu non fai as maletas.