CRTVG

Buscar

Galicia prepara o recomezo da vacinación con AstraZeneca, á espera de saber con que grupos de idade

Publicado o 22/03/2021 14:43

Aquí en Galicia retómase a vacinación con AstraZeneca o mércores, o que non se sabe aínda é a que grupos e idades. Todo apunta a que seguirá desenvolvéndose nos distintos hospitais galegos.

No Sergas están moi atentos á decisión que tome o Ministerio e as comunidades autónomas para seguir co proceso de vacinación. Detalles que determinarán a qué grupos se lles seguirán administrando esas doses de AstraZeneca e ata que idade.

Ata que se suspendeu a súa administración, a vacina recibírona sectores profesionais aquí en Galicia como policías, mestres, farmacéuticos iso si, todos menores de 55 anos. 

Noticias web

22/03/2021