Telexornal Mediodía
O mercado mexicano consolídase como destino preferente das exportacións galegas
O mercado mexicano consolídase como un destino preferente para as exportacións galegas. No 2017 duplicáronse as operacións comerciais entrambos países e as perspectivas apuntan que seguirán medrando en sectores cada vez máis diversificados.
A sectores tradicionalmente exportadores coma o textil ou a automoción súmanse agora novas empresas que buscan no mercado mexicano unha oportunidade de negocio. Nestes momentos son máis de 450 as empresas asentadas xa en Mexico e todo apunta a que a cifra seguirá medrando.
"Tras da vitoria de Trump e as medidas proteccionistas, México busca diversificar e España está moi ben situada".
A Xunta de Galicia, a través do IGAPE, está impulsando as relacións comerciais da empresa galega cun mercado que medra a un ritmo dun 3% anual.
Mexico é neste momento o destino principal das inversións galegas no estranxeiro con 500 millóns de euros ao ano.