O mercado inmobiliario apenas acusa os efectos da pandemia
Publicado o 20/07/2021 21:08
O verán e a covid non rebaixaron o ritmo de traballo dos axentes inmobiliarios, senón todo o contrario. As novas necesidades de vivenda derivadas da pandemia mesmo están a impulsar as operacións de compra-venda, sobre todo as de prezo medio-alto.
O ladrillo segue sendo a prioridade dos investidores a pesar de que a rendibilidade experimentou certa baixada. Segundo o sector, segue vixente a distribución das vendas pre-pandemia: 60% para residencia e 40% para alugueiro.