CRTVG

Buscar

O mercado ecolóxico da Coruña volveu ao Campo da Leña

Publicado o 07/06/2020 14:50


A crise sanitaria, que obrigou a suspender os eventos ao aire libre durante o confinamento, impediu a celebración do mercado ecolóxico que se fai cada primeiro e terceiro domingo de mes na Coruña.

Pero hoxe, por fin, o Campo da Leña volveu acoller o encontro, que achega produtos ecolóxicos, de proximidade e produtos artesáns.

Para o regreso adoptáronse medidas hixiénicas e de distanciamento, con menos postos, un único punto de acceso para controlar a afluencia e a obriga de levar máscara.

Os produtores fixeron neste tempo vendas en liña ou entregas a domicilio, pero non foi o mesmo.

De feito, todos os vendedores celebraban a volta.

Tamén regresaron con ganas os compradores.

Propoñíase apoio e tamén recoñecemento ao labor do sector durante esta crise.

Noticias web

07/06/2020