CRTVG

Buscar

O mercado de Pontevedra súmase ás prazas de abastos que permiten a compra en liña

Publicado o 18/08/2020 15:33

A partir de setembro, sacar número será unha opción reservada só para os que prefiran visitar o mercado de Pontevedra, en vez de facer a compra a través da nova páxina web Ponteabastos.com.

O confinamento supuxo un antes e un despois no uso do comercio electrónico, porque forzou os consumidores a vencer os medos que lles suscitaba e multiplicouse a entrega de pedidos a domicilio.

A web manterá sempre actualizados os produtos e os prezos, contribuíndo a dar a coñecer a oferta do mercado, que ten cada vez maior demanda.

 

Noticias web

18/08/2020