CRTVG

Buscar

O seme de rubia galega chega a Asia

Publicado o 09/12/2015 14:22

Galicia exportará seme de raza rubia galega a Indonesia para mellorar a produción de carne de vacún

A raza rubia galega chegará a Indonesia para mellorar a producción cárnica. Unha delegación desta país asiático visitou Lugo para ultimar un acordo coa asociación de productores que contempla mercar doses de seme extraidas aos bois nas instalacións de Xenética Fontao. O obxectivo é cruzar a raza rubia galega coa autóctona para lograr mais produccion e tamén mais calidade na carne. A principal ventaxa e que poderán reducir de 20 a 9 meses o tempo de espera para sacrificar a res.

Indonesia toma como exemplo a experiencia de países como Brasil, que leva varios anos importando seme de rubia galega con resultados moi positivos. Os criadores de Acruga manteñen abertas tamén negociacións con países como Marrocos, Bolivia ou Libia para exportar o seme de sementais galegos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/12/2015