CRTVG

Buscar

O mellor Obradoiro da temporada busca dar a sorpresa na casa do Real Madrid

Publicado o 20/10/2020 13:22

Despois de sumar a cuarta vitoria en cinco partidos e dando espectáculo, o Obradoiro visita a pista do Real Madrid. A confianza é máxima cun gran momento de forma, incluso dos teóricos secundarios.

Alex Suárez: "Saír a gañar. Estamos xogando nestes momentos o noso mellor baloncesto. Hai que saír a matar".

O Real Madrid ten un positivo por covid-19, o francés Fabien Causeur, circunstancia que motivou a suspensión do partido que debía xogar este domingo en Bilbao. O encontro co Obradoiro xa fora posposto no seu día por outro caso de coronavirus nun rival dos madrileños. O calendario faise imprevisible.

Alex Suarez: "Co que estamos vivindo hai que estar mentalizados que dun día para outro cambia todo. Canto máis rápido veñan os partidos, mellor".

Pois o Obradoiro vai despois a Gran Canaria, recibe o Valencia e visita Málaga, partidos cada tres días. Mentres que a seguinte cita do Real Madrid é o Barcelona en Euroliga. O galego Alberto Abalde, con problemas físcos, non xogará contra o Obradoiro.


 

Noticias web

20/10/2020