CRTVG

Buscar

O mellor hotel de mascotas de España está no Grove, segundo un turoperador nacional

Publicado o 02/01/2019 22:10

Viaxar coa túa mascota, poder tela no cuarto, nas zonas comúns e que reciba tratamentos e paseos ou adestramentos é un dos aspectos que seguramente valoraron os usuarios de Travelguau para considerar este hotel do Grove, o hotel Cons da Garda, o mellor establecemento para mascotas.

Mil mascotas pasan cada ano por este establecemento, entre elas furóns, gatos ou porcos vietnamitas. Aquí alóxanse sen custo ningún para os seus donos, reciben un pack de benvida e tamén lles ceden unha cama en caso de non tela os seus donos. Poden estar en todas as dependencias agás na piscina e no comedor, pero si na cafetería. Ademais, o hotel está próximo ás dúas praias caninas do Grove.

Ademais do recoñecemento social e da estatuíña que recibirán en FITUR, unha empresa de pensos dooulles 450 quilos que van regalar ás protetoras de Cambados e Vilagarcía.

Noticias web

02/01/2019