CRTVG

Buscar

O mellor graffiti do mundo está en Lugo

Publicado o 21/09/2021 19:51

Street art cities é unha comunidade internacional que busca e comparte arte urbana. Unha plataforma especializada en graffiti que ten rexistradas máis de 34.000 obras en 90 países. A globalización da arte, que permiten as redes. E entre os que compoñen a maior plataforma mundial de arte urbana, escolleron a obra de Diego As como o mellor graffitti do mundo deste mes

De feito, que este Xulio César conseguise engaiolar todos os lugueses, e que axude a que se enorgullezan da cidade a través deste tipo de arte, foi un dos motivos para que este graffiti conseguise ser o mellor do mundo.Un orgullo tamén para o seu creador, malia que unha obra desta magnitude tamén tivo as súas dificultades

Este está sendo un ano glorioso para Diego As, un artista cunha traxectoria moi recoñecida dentro do muralismo e da arte urbana.
Este recoñecemento dálle folgos a Diego para seguir traballando.

Noticias web

21/09/2021