CRTVG

Buscar

O mellor do deseño galego, na Fundación Barrié da Coruña

Publicado o 27/08/2021 15:21

O que se pode encontrar nesta sala son todas aquelas propostas de deseñadores e deseñadoras galegas que durante este último ano recibiron algún premio, non só aquí, senón tamén a nivel nacional e internacional.

David Silvosa, delegado de Deseño do Clúster da Comunicación de Galicia, explica que "o talento ao final nace en todas as partes do mundo, non é que teña a preferencia por saír nun sitio ou noutro. O que es está é apostando cada vez máis por as oportunidades que nos ofrecen as empresas en Galicia e tamén os profesionais que estamos aquí, tamén estamos apostando por iso, manter aquí a nosa posición e crecer a partir dela".

A mostra vén ser unha proba de como o deseño forma parte das nosas vidas, porque nos rodea e nos soporta, conforma as casas onde vivimos e significa os elementos cotiáns que empregamos a miúdo.

"É unha mostra en que se expon como o deseño de moitas maneiras diferentes está presente na nosa vida cotiá desde unha tipografía que podo encontrar nunha tenda, nunha marca, a etiquetaxe dun viño, nunha lámpada, nunha bicicleta, no etiquetado dunha cervexa. En multitude de situacións que ao mellor non nos estamos dando conta no noso día a día", asegura David Silvosa. 

Deseño galego que crea marca, que innova e que mobiliza, porque o deseño ao fin ao cabo, son ideas en movemento.

Noticias web

27/08/2021