O mellor da música folk dáse cita desde hoxe en Ortigueira
Na zona da Alameda ultiman os preparativos... Entrementres, unha morea de mozos seguen chegando de distintos sitios da xeografía española á zona do piñeiral á procura dun sitio onde poder instalarse. Moitos deles son veteranos, pero hai tamén quen vén vivir esta experiencia por vez primeira.
O Festival do Mundo Celta de Ortigueira, declarado Festa de Interese Turistico Internacional, dará o seu pistoletazo de saída contra as dez desta noite. Será tres horas máis tarde, cando o grupo escocés Ímar suba ao escenario. Pero o certo é que todos os días haberá grupos punteiros.
E para que todo transcorra sen incidencias, arredor de 150 efectivos velarán pola seguridade e estarán moi pendentes de todo o que aconteza nestes catro días.
Agárdase que, de aquí ao domingo, arredor de 70 mil persoas gocen dos 14 concertos que hai programados para esta edición dun dos festivais folk máis importantes do mundo e que cumpre xa 40 anos.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí