CRTVG

Buscar

O mellor Celta coincide co mellor Rafinha

Publicado o 12/02/2020 15:19

• O Celta non renuncia a gañar no Bernabeu

Para Rafinha, a última vitoria do Celta foi un reforzo anímico que debe ser o punto de inflexión que precisa o equipo.

A melloría do Celta coincide co mellor momento de Rafinha. Xogador de segundas voltas, igual que na súa anterior etapa en Vigo. Para el é unha cuestión de adaptación.

Rafinha é un xogador á alza que curiosamente reduce considerablemente a súa cláusula de 75 millóns a 17.

O brasileiro non renuncia a dar a sorpresa no Bernabeu.

 

Noticias web

12/02/2020