CRTVG

Buscar

O mellor berberecho, a 15 euros no primeiro día de campaña de Noia

Publicado o 18/09/2017 21:22

Este ano o patrón maior quere ser optimista, xa dende este primeiro día de lonxa no Freixo e no Testal. 

O berberecho estivo entre os quince euros da mellor calidade, mentres que o de cuarta categoría rondou os catro. A ameixa babosa de primeira andou polos dezaoito euros, e a fina, case chega aos sesenta o quilo. Os prezos no Testal e no Freixo foron bastante similares. As compras deste primeiro día son en gran parte para a posterior venda en fresco.

Para o sector da conserva o berberecho é fundamental. Aquí veñen hoxe mercar, pero tamén comprobar as calidades deste ano.

Mentres no Freixo facturaron case 115 mil euros, no Testal rondaron os cento novental mil. O ano pasado na campaña marisqueira a confraría de Noia facturou dez millóns e medio de euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2017