CRTVG

Buscar

O Meixoeiro incorpora un láser de última xeración para operacións de cataratas

Publicado o 30/01/2018 14:51

 

As intervencións que se realizan con este procedemento sOn cataratas dunha elevada complexidade. O láser actúa no inicio do proceso cirúrxico, cando hai que incidir sobre o tecido ocular e desfacer a opacidade que presenta o cristalino do ollo. Despois realízase o resto da intervencion no quirófano.

A aplicación da tecnoloxía láser 'femtosegundo' supón un avance moi importante tanto para os cirurxiáns como para os pacientes.  É un procedemento indoloro e que se realiza cunha grande axilidade pola precisión que achega. O paciente só experimenta, mentres actúa o láser no interior do ollo, unha leve presión, sen aparición de dor.

Só con este procedemento realizaranse unhas 700 intervencións ao ano no hospital do Meixoeiro de Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/01/2018