CRTVG

Buscar

O medo a ir ao hospital supuxo un descenso de diagnósticos de cancro durante a pandemia

Publicado o 29/05/2020 14:33

Como noutros moitos centros médicos, na área de oncoloxía do Hospital Universitario de Ourense detectaron un notable descenso de pacientes, particularmente no comezo da crise do coronavirus.

Ante a situación, dende o hospital buscaron o xeito de manter un contacto estreito cos doentes xa diagnosticados por outras vías.

Malia a importancia da diagnose temperá do cancro, o doutor García Mata manda unha mensaxe de tranquilidade.

Unha situación semellante percibiuse tamén no resto de departamentos dos hospitais durante a pandemia.


 

Noticias web

29/05/2020