CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O Mecalia perde o primeiro partido da campaña

Publicado o 07/10/2017 15:18

A xornada 4 da División de Honra feminina de balonmán deparaba unha batalla emocionante entre os campións das últimas campañas, o Bera Bera donostiarra e o Mecalia Atlético Guardés. As galegas sufriron a primeira derrota da campaña nun partido no que pecaron de demasiadas imprecisións. O Bera Bera controlou a situación dende o comezo, co poderío da súa porteira Castellanos, moi serio nos labores defensivos e letal á contra. O Mecalia Atlético Guardés, guiado por Antía Espiñeira e Méndez, acabou caendo por 29 a 24.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí