CRTVG

Buscar

O Mecalia Guardés vence o Zuazo (25-22) e ponse segundo na liga

Publicado o 07/11/2019 11:23

O Mecalia Atlético Guardés colócase segundo clasificado na liga feminina de balonmán despois de vencer o Zuazo (25-22) no pavillón da Sangriña nun encontro cheo de emoción, pois cando faltaban cinco minutos para o final o marcador era de empate a 21 goles.

O Guardés demostrou que na súa pista é un equipo moi fiable. Colócase segundo na clasificación, logo da derrota do Xixón ante Rocasa. O vindeiro compromiso será en Europa: xoga o domingo en Suíza contra o Thun na Challenge Cup.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019