O Mecalia Guardés pasa a oitavos de final da Challenge Cup
Publicado o 18/11/2019 16:12
Na Challenge Cup de balonmán feminino, o Mecalia Guardés está nos oitavos de final. Gañara no partido de ida en terras suízas por oito goles de diferenza e onte completou o traballo impoñéndose por 22-17.
Cedo sentenciou a eliminatoria cun parcial inicial de 11-2 e logo dosificou os minutos das súas xogadoras pensando en vindeiros compromisos. Mañá coñecerá o seu rival.