CRTVG

Buscar

O Mecalia Guardés imponse con facilidade ao Villaverde (45-28)

Publicado o 13/10/2017 10:28

En balonmán feminino, na xornada adiantada de liga por mor dos compromisos europeos da fin de semana, o Mecalia Guardés impúxose con facilidade na casa ao Villaverde, cabeiro da División de Honra Feminina. 45-28 gañaron as guardesas, que suman así a súa cuarta vitoria no que levamos de competición. O Mecalia ascende á terceira posición da táboa. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/10/2017