O material xenético da covid nas augas residuais de Bens está no seu nivel máis baixo
Só un mes despois do decreto do primeiro estado de alarma, concretamente desde o 14 de abril de 2020, comezaba a traballar en Bens o equipo de investigación que deseñou o modelo para predicir a evolución da pandemia en base ao material xenético do virus presente nas augas residuais.
Agora, o nivel de SARS-COV-2 nas augas é o máis baixo desde que comezaron as medicións. Os datos son bos, confirman que a pandemia está en retroceso e aquí en Bens xa pensan en como reformular este proxecto científico.
Cada día, 135.000 metros cúbicos de augas resuduais, correspondentes ao 20% da poboación galega. As mostras, analizadas meticulosamente dúas veces á semana desde hai 18 meses e é agora cando os datos son máis favorables.
"Vese claramente, constátase, que a presenza do virus está nos niveis máis baixos de toda a pandemia", explica Carlos Lamora, o director da EDAR de Bens.
Un equipo de investigación analiza os restos de material xenético do virus presente nas augas. Un sistema sentinela, de alerta precoz, que serviu para predicir os picos e tamén para detectar cando a pandemia comezaba a remitir, antes de que figure nos datos estatísticos.
"Os investigadores son da Univesidade da Coruña, do Inibic e do laboratorio do CHUAC. Ou sexa que o fixemos con ciencia daquí. Xente moi preparada, con moita dedicación e moitísimo sacrificio conseguimos demostrar que nos adiantabamos entre 15 e 20 días para detectar as ondas", afirma Lamora.
Agora, coa covid en retroceso, e coa experiencia acumulada na deteccción doutros patóxenos e elementos contaminantes, comezan a pensar en reformular o proxecto: "O Ministerio de Sanidade en colaboracion con augas de Galicia ten xa algunha iniciativa posta en marcha na que estaría incluída EDAR Benspara seguir monitorizando estudando a presenza do SARS-COV-2 nas augas residuais. É dicir, que eu penso que a aposta pola ciencia que se fixo no seu momento non se vai eliminar".