CRTVG

Buscar

O martes de Entroido é o día dos peliqueiros veteráns en Laza

Publicado o 25/02/2020 14:14

A xornada comeza cedo en Laza. É o día dos peliqueiros máis veteráns. Así que toca vestirse con sumo coidado para levar coma se merece un traxe con tanta tradición. É todo un sentimento.

Algúns levan máis de 40 anos vestíndose de peliqueiro. Van de casa en casa para xuntarse e chegar á praza da Picota. Un gran esforzo, de feito moitos levan tempo preparándose.

Todo un espectáculo do que gozan faga o tempo que faga multitude de veciños e visitantes. Hoxe é o último día que veremos aos peliqueiros por Laza. Despídense ata o ano que ven.

Noticias web

25/02/2020