O martes comezan a dispensarse os tests de saliva en máis de 350 farmacias da provincia de Pontevedra
Comezou como unha proba piloto en seis farmacias para testar a loxística dun proceso que precisa da resposta da poboación, e a demanda superou todas as expectativas.
Estes tests de saliva, que chegarán este martes a máis de 350 farmacias de toda a provincia de Pontevedra, pódense recoller e entregar nas boticas adscritas a este programa. A demanda estes días foi moi grande, e tamén o aluvión de chamadas para solicitar información.
O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra fai unha chamada á calma para evitar posibles aglomeracións os primeiros días.
A listaxe de farmacias podémola atopar na web do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra. Porque nas boticas só recolleremos e entregaremos a nosa mostra de saliva, que analizarán no laboratorio de microbioloxía do Meixoeiro.
Os resultados obtéñense ao cabo de 24 a 48 horas.