CRTVG

Buscar

O Marisquiño abandona Vigo e Galicia "ante a falta de apoio institucional"

Publicado o 22/02/2021 14:01

A organización deste festival de deporte e arte urbana fala de falta de financiamento e de apoio institucional. Apuntan que despois de 19 anos en Vigo, o concello reduciu nun 70% a súa achega, e din que había dúbidas coa aportación da Xunta. Outro factor é que aínda segue en obras a zona do paseo portuario que se afundira na edición do Marisquiño de 2018. Por todo isto decidiron cancelar a edición deste ano, e din que de volver en 2022 sería xa fóra de Galicia. O alcalde de Vigo explicou que a axuda este ano era máis reducida porque a situación sanitaria impedía organizar o certame nas condicións normais.

Noticias web

22/02/2021