CRTVG

Buscar

O Marisquiño, aínda que será distinto pola pandemia, festexa o feito de que se poida celebrar

Publicado o 27/05/2021 16:29

Xa se coñecen máis datos de como será unha das grandes citas urbanas do verán galego: o festival do Marisquiño de Vigo. A seguridade dos deportistas e do público será a prioridade, nun festival con restricións e adaptado á normativa sanitaria.

No Marisquiño de 2021 aínda non será posible revivir imaxes que se viron en edicións anteriores. Todas as probas previstas realizaranse en espazos delimitados con capacidades reducidas e con entradas nominais.

Porén, que se poida celebrar é un importante paso para dinamizar a economía da cidade. Celébrano os hostaleiros e, en xeral, a cidadanía.

As novas tecnoloxías permitirán achegar o Marisquiño ao mundo, tamén a súa imaxe gráfica pioneira que conecta coa vangarda, cos mozos urbanos e que simboliza un novo comezo.

Noticias web

27/05/2021