CRTVG

Buscar

O marisqueo regresa á ría de Pontevedra tras unha longa parada de máis de catro meses

Publicado o 20/07/2020 14:29

O marisqueo de a pé volveu hoxe á ría de Pontevedra. As mariscadoras comezaron extraer ameixa xaponesa tras unha longa parada provocada primero pola pandemia e despois pola presenza da toxina.

A actividade regresa a esta praia de Lourizán. Máis dun centro de mariscadoras volveron extraer ameixa xaponesa con optimismo, pero tamén incerteza.

A pandemia obrigounas a unha primeira parada da actividade no mes de marzo.

Logo cando todo estaba estaba preparado para volver mariscar, no mes de xuño chegou a toxina paralizante PSP.

Isto prolongou o paro outro mes e medio ata que este venres as analíticas permitiron retomar un marisqueo condicionado polas novas normas.

Agora confían en que os prezos na lonxa compensen, polo menos en parte, o longo paro marisqueiro.

 

Noticias web

20/07/2020