CRTVG

Buscar

O marinense Okutu, campión de España de salto de lonxitude

Publicado o 29/02/2020 14:26

O marinense Jean Marie Okutu logrou o campionato de España de salto de lonxitude logo dun emocionante concurso en dura pelexa con Eusebio Cáceres. Okutu sempre foi marcando os mellores rexistros ata o sexto e derradeiro intento. Aí apareceu Eusebio Cáceres para asinar un 7.91 e roubarlle o ouro a Okutu. O atleta galego aínda tiña un salto e levado polos afeccionados conseguiu superar a Cáceres en dous centímetros (7.93) e levar o título de campión. 

Noticias web

29/02/2020