CRTVG

Buscar

O mar trouxo á praia da Lanzada o corpo dun cachalote de case dez metros de longo

Publicado o 13/03/2018 14:14

O mar trouxo á praia da Lanzada o cadáver dun cachalote de case dez metros de longo. Os biológos calculan que puido morrer hai máis dun mes e agora é o concello do Grove quen fai as xestións para retiralo e levalo a unha planta de tratamento deste tipo de restos.

Un cachalote macho adulto e que mide preto de dez metros de longo repousa no areal da Lanzada, onde chegou empurrado polo temporal. A súa descomposición está moi avanzada e segundo os biólogos, puido morrer hai máis dun mes.

Así é todo, segundo nos conta o director do Instituto para o Estudo dos Arroaces, técnicos da Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños colleron unha mostra deste.

Nestas situacións os estudosos destas especies botan de menos que non haxa recursos para afondar no estudo das mesmas e para conservar o esqueleto para exhibilo.

O seu destino será unha incineradora de animais. O Goberno municipal do Grove xestiona o levantamento e transporte a unha planta de tratamento. Esta mañá xa o intentaron, sen éxito. Segundo fontes municipais, confían en retiralo mañá a máis tardar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018