CRTVG

Buscar

O Mallorca perde en Bilbao (3-1) e diminúen as súas opcións de permanencia

Publicado o 27/06/2020 15:56

As opcións de permanencia diminúen para un Mallorca que perdeu por 3-1 en San Mamés.

Antes do minuto 25 o Athlétic gañaba por 2-0 cos tantos de Raúl García de penalti e Sancet. 

Recurtou diferenzas Budimir, tamén de penalti, mediado o segundo tempo. 

Villalibre, no último minuto de partido, puxo o resultado definitivo.