CRTVG

Buscar

Dépor e Málaga confórmanse coa promoción despois de cambiar de adestrador

Publicado o 10/06/2019 19:24

O Deportivo e o Málaga chegaron xuntos esta temporada á Segunda División, e xuntos encaran unha eliminatoria que se presenta igualada, se miramos os antecedentes desta Liga, resoltos con empates. "Os partidos de liga non teñen nada que ver cos partidos de play off. Non hai que deixar nada dentro. Hai que saír sempre ao máximo: superconcentrados, superilusionadoos. Isto é superbonito vivilo", recoñece o deportivista Pedro Sánchez.

En abril os dous cambiaron o adestrador. Os resultados non eran os que se esperaban a principios de temporada. Martí chegou ao Deportivo unha semana antes da fichaxe de Víctor Sánchez del Amo polo Málaga. Desde o cambio, o Málaga progresou desde a sexta ata a terceira praza. O Deportivo, en cambio, perdeu un posto. Ante os mellores, o equipo coruñés ten bos resultados. De feito non perdeu o goalaverage contra ningún dos cinco primeiros. O Málaga, en cambio, só llo gañou ao Albacete.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019