CRTVG

Buscar

O mal tempo arruína o día festivo de San Xoán nas Rías Baixas

Publicado o 24/06/2020 20:38

Pouco que vixiar hoxe na praia de Samil, malia que o día de San Xoán era festivo autonómico. O anticiclón dos Azores non deu sinais de vida e as temperaturas non animaban a achegarse aos areais. Tanto, que non houbo necesidade de cuadricular a praia para manter a distancia de seguridade.

O que non varía, con ou sen covid-19, e que hai opinións para todos os gustos. Tampouco houbo que multar a ninguén por comer na area nin nas áreas de descanso, e manter as distancias non foi problema. Aparcar e atopar sitio na praia un 24 de xuño nunca foi tan fácil en Samil.

Noticias web

24/06/2020